A trenza


e3_a-trenza_cub_promo23A publicación de “A trenza” supón a estrea da colección de literatura galega en Ézaro Ediciones. A presentación da novela contou coa intervención da poetisa Yolanda Castaño, que definiu ao escritor como » un tipo de autor que deberiamos celebrar para a Literatura Galega, un autor case necesario para a boa saúde do noso sistema literario. Por exocéntrico, por alleo ás capeliñas e ás modas literarias, por ouvidos xordos á endogamia, independente de estereotipos, ceibe de xeitos de segunda man, por singular, por feito a si mesmo e por personalidade propia».

A novela trata a tumultuosa traxectoria vital do seu protagonista, Mario Quintela, cuxa vida como funcionario eficiente e esposo amante parece estar condenada á tranquila felicidade típica dunha familia galega de clase media.  Porén, a novela comeza co seu protagonista ingresado no cárcere de Teixeiro á espera de ser entrevistado pola psicóloga da prisión. A partir da entrevista, vanse coñecendo os detalles que levaron a Mario Quintela ata unha tan indesexada situación. Aparecen así Roberto, traficante alcumado o Coronel, Eva, presidiaria na mesma cadea onde agarda Mario, Helena, avogada da ONG Portas Abertas e esposa do protagonista, e o padre Marcos, empeñado en rebaixar a condena de Eva.
Segundo manifestou Yolanda Castaño «todas as boas novelas son tamén un testemuño, un veraz testemuño do autor a respecto da súa visión do mundo, e por iso Fernández Mallo pretendeu que este fose tamén un canto á muller, ás mulleres abnegadas e loitadoras, ás que sufren e ás que traballan a reo polos demáis, ás que se entregan».

Notas de prensa: ,