La muerte de Valle-Inclán
O enterro do xenio galego baixo cascadas de chuvia, con fascistas instigadores acompañando ao enterro, a súa negativa a recibir a extremaunción, as reaccións dos asistentes ao enterro, as súas últimas palabras… fan do final da súa vida unha continuación da esperpéntica existencia do pai e creador del esperpento. Vida e obra vense reflectidas nos textos deste libro desde diferentes perspectivas que se complementan perfectamente.
Un paseo polos últimos meses dun xenio, polas súas agonías e medos, polas súas horas finais e polas reaccións dun pobo ao borde da batalla, un pobo dividido política, ideolóxica, e como reflexo desto, culturalmente. Unha división que enterrou o recordo de Valle, que co paso dos anos floreceu ata converterse nun presente estudado e recoñecido a nivel mundial.
Notas de prensa: javier del valle inclán, la muerte de valle, reigosa