Un galego en Irlanda

logo xufre

Un galego en Irlanda é unha compilación das crónicas publicadas en El Pueblo Gallego que Plácido Castro escribiu durante unha viaxe ás Illas Blasket, situadas no occidente de Irlanda, en 1928.

O corcubionés emprende a súa viaxe cun erudito do British Museum. Parten desde Dublín e percorren Irlanda ata chegar á aldea de Dunquin.  Pouco a pouco, Castro vai introducíndose na convivencia cos illeiros do arquipélago,  unha comunidade que fala esencialmente gaélico, rexida por un “rei”, que ostenta o poder local, e na que tamén hai un “poeta”, o home máis importante da illa.

As crónicas están cheas de lirismo e anécdotas nas que pretende reflectir as semellanzas e diferenzas entre Galicia e Irlanda. Unhas pezas de gran trascendencia poética, filosófica, antropolóxica, paisaxística e cultural, relatadas polos ollos dun Plácido que xa mostraba unha gran sagacidade observadora e unha curiosidade comprometida con apenas 26 anos.

 

LoadingActualizando...