Ézaro publica "Galegos"

Nace Galegos, unha revista aberta e plural que pretende facer máis visible a realidade da nosa terra

A revista comenza a súa andadura asumindo o compromiso de facer máis visible a realidade de Galicia. Dirixida polo escritor e xornalista Carlos G. Reigosa, nace coa intención de servir de canle para dar a coñecer e promocionar a nosa terra e as cousas que nela ocorren.

Galegos editarase en galego e en castelán e pretende conxugar nos seus contidos tradicións, folclore e cultura popular cos novos valores emerxentes no ámbito empresarial, artístico, científico ou culinario, contribuíndo así a  refrendar e apoiar un desenvolvemento de vangarda.

Nas páxinas de Galegos colaboran, entre outros, Fernando Acuña Castroviejo, Xavier Alcalá, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Xosé Luis Barreiro Rivas, Perfecto Conde, Xosé de Cora, Victor F. Freixanes, Luísa Castro, Luis Caramés, Antón Lamazares, Fernando Ónega, Luis Mariñas, Antón Patiño, Manuel Rivas, Francisco Rodríguez, Ramón Villares e Henrique Monteagudo.

Segundo Reigosa, “en Galegos queremos amosar, por riba de todo, o cerne da realidade e pretendemos que nada esencial pase desapercibido ou permaneza sen coñecer. Pouco a pouco, número a número queremos que Galicia e os galegos se recoñezan nas páxinas desta revista”. “Arranxamos unha suscripción a xeito de “tarifa plana” –di o editor, Alejandro Diéguez-  para que lle custe o mesmo a un galego residente en Australia ou Nova Zelanda que a un de Bertamiráns ou do Cebreiro”.

Galegos, publicarase cunha periodicidade trimestral e ten prevista unha tirada inicial de 10.000 exemplares. A distribución realizarase non só a nivel autonómico e estatal, por medio de organismos oficiais, senón tamén a nivel internacional a través das embaixadas de España e os centros galegos de todo o mundo.

PRIMEIROS CONTIDOS

No primeiro número figuran, entre outros temas, un caderno especial dedicado a Laxeiro no centenario do seu nacemento, entrevistas con Francisco Fernández del Riego, Carlos Acuña Castroviejo e Pío Núñez, crónicas sobre Inditex –o xigante de Galicia no mundo-, o Picasso galego, as raíces de Galicia, as carautas do Carnaval, Prisciliano na cultura galega, os fuxidos ou maquis, os galegos en Cuba e a evolución da nosa gastronomía. Entre os firmantes da sección de artigos figuran César Antonio Molina, Francisco Rodríguez, Xosé Ramón Barreiro, Henrique Monteagudo, Xosé de Cora e Manuel Luis Rodríguez González.

Nace Galegos, una revista abierta y plural que pretende hacer más visible la realidad de nuestra tierra

La revista comienza su andadura asumiendo el compromiso de hacer más visible la realidad de Galicia. Dirigida por el escritor y periodista Carlos G. Reigosa, nace con la intención de servir de canal para dar a conocer y promocionar nuestra tierra y las cosas que en ella ocurren.

Galegos se editará en gallego y en castellano y pretende conjugar en sus  contenidos tradiciones, folclore y cultura popular con los nuevos valores emergentes en el ámbito empresarial, artístico, científico o culinario, contribuyendo así a  refrendar y apoyar un desarrollo de vanguardia.

En las páginas de Galegos colaboran, entre otros, Fernando Acuña Castroviejo, Xavier Alcalá, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Xosé Luis Barreiro Rivas, Perfecto Conde, Xosé de Cora, Victor F. Freixanes, Luísa Castro, Luis Caramés, Antón Lamazares, Fernando Ónega, Luis Mariñas, Antón Patiño, Manuel Rivas, Francisco Rodríguez, Ramón Villares y Henrique Monteagudo.

Según Reigosa, “en Galegos queremos mostrar, por encima de todo, el cierne de la realidad y pretendemos que nada esencial pase desapercibido o permanezca sin conocer. Poco a poco, número a número queremos que Galicia y los gallegos se reconozcan en las páginas de esta revista”. “Arreglamos una suscripción a modo de “tarifa plana” –dice el editor, Alejandro Diéguez-  para que le cueste lo mismo a un gallego residente en Australia o Nueva Zelanda que a uno de Bertamiráns o del Cebreiro”.

Galegos, se publicará con una periodicidad trimestral y tiene prevista una tirada inicial de 10.000 ejemplares. La distribución se realizará no sólo a nivel autonómico y estatal, por medio de organismos oficiales, sino también a nivel internacional a través de las embajadas de España y los centros gallegos de todo el mundo.

Otras publicaciones    
A pel fría, de Albert Sanchez Piñol Almas del nueve largo, de José Luis Alvite Confines, de Quinito López Mourelle A otra princesa con ese cuento, de Noe Martínez Las mentiras que los hombres cuentan, de Luis Fernando Verissimo