Elos de cinza
Un avó que narra dende os pousos da memoria, unha antiga deusa descoroada, un legado moi singular herdado por unha saga familiar… e un Espírito Moura senlleiro e orixinal. Estes e outros personaxes achegan folgos e latexan entre as néboas do pasado e as incertezas do presente, para conformaren dúas historias que se entretecen nun relato engaiolante.